Martes, 18 Maio 2010
Andrea Maceiras Lafuente, de Pravio-Cambre, e Elena Veiga Rilo, de Guísamo, son as dúas finalistas da sexta edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallará a mediados de xullo na tradicional cea literaria da Casa Grande do Bachao. O xurado, integrado pola que será titora da gañadora, Fina Casalderrey; por Pablo García Martínez como autor galardoado na anterior edición, e por Tucho Calvo en representación de Biblos, decidiuse polas obras tituladas Morto en fucsia, de Elena Veiga, e A caixa da memoria de Andrea Maceiras.
Elena Veiga, nada o 17 de xaneiro do 1991, é estudante de primeiro de Filoloxía Galega, e Andrea Maceiras (6-11-87) é licenciada en Filoloxía Hispánica e estuda mestrado para Ensino Secundario e Filoloxía Galega, ambas na Universidade da Coruña.
A gañadora coñecerase no transcurso na tradicional cea que se celebra na Casa Grande do Bachao a mediados do mes de xullo.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.