Mércores, 12 Maio 2010
A Consellería de Educación eliminou a cota mínima de libros en galego que tiñan as bibliotecas dos centros de ensino público. Unha orde de 2009 establecía que "un mínimo do 50% dos fondos adquiridos" debía estar en "lingua galega". Na nova, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres, desaparece esta referencia e só menciona que "a multiculturalidad e as diferentes linguas do centro deberán ser convenientemente recollidas".
Non lle gustou a medida ao presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso García Sanmartín: "Repercute de forma plena no noso colectivo. É unha medida que non se nos consultou e que vén en consonancia co decreto no ensino, a piques de aprobarse e que reduce a presenza do galego na educación. É unha decisión regresiva. Agora o idioma dos libros dependerá da elección do profesor que se encargue da biblioteca en cada centro e, pola tendencia social, é de esperar que predomine o castelán".
O conselleiro presentou un programa para o apoio e o fomento das bibliotecas escolares e a lectura. O Plan Lía estenderá un proxecto posto en marcha no 2005 e que na actualidade chega a máis de 300 escolares de toda Galicia. O obxectivo da administración educativa é que no 2015 esta iniciativa chegue ao 70% dos centros de titularidade pública da comunidade, ao redor de 850, para o que no próximo curso o incorporará a 75 escolas.
Fonte: El País
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.