Mércores, 14 Abril 2010
A Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, en colaboración coa Galería Sargadelos, cumpre unha década ao servizo da comunidade escolar e educativa da bisbarra compostelá. Co lema "Un gran soño", que non só é o título da obra galardoada co II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, senón tamén a expresión do camiño percorrido nestas dez edicións, a Campaña vólcase un ano máis en desenvolver actividades gratuitas para escolares, educadores, bibliotecarios e promotores da lectura, público familiar e, por primeira vez, prelectores e futuros creadores artísticos. A programación durará ata o 22 de maio na Galería Sargadelos, nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque e Polígono do Tambre, e tamén no IES de Sar.
Este sábado 17 de abril celebraranse as primeiras actividades abertas ao público: Do berce á lúa, unha sesión de contos para bebés de cero a tres anos acompañados dun adulto que a partir das 11:30 e das 12:30 horas, haberá na Galería Sargadelos. O aforo é limitado, polo que cómpre solicitar reserva no Departamento de Educación do Concello de Santiago.
Fonte: Kalandraka
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.