Asociación Galega de Editores

Impresora Email

O libro electrónico non terá IVE reducido

Martes, 13 Abril 2010

Nova: O libro electrónico non terá IVE reducido

A ministra anunciaba o 15 de decembro, aproveitando a presentación do proxecto Enclave -froito da colaboración entre os editores e a Biblioteca Nacional, permite consultar a través de Internet miles de obras sometidas a dereitos de autor- que o Goberno accedera a aplicar o tipo superreducido do IVE do 4% para o libro electrónico, equiparándoo ao libro en papel.

Tratábase dunha reivindicación histórica dos editores e as empresas de Internet. Pero non vai ser así. O libro electrónico ou, polo menos o que popularmente se coñece como tal, é dicir, a obra que se descarga directamente dende a Rede ao equipo informático (ordenador, móbil, e-reader, etcétera) seguirá pagando o IVE ao tipo xeral do 16%, como calquera outro produto. Así o deixou claro, mediante senllas circulares a consultas dos editores, a Dirección Xeral de Tributos, dependente do Ministerio de Facenda.

Facenda, primeiro o 4 de decembro e, posteriormente nunha segunda circular deste mesmo ano, deixou claro que só os libros electrónicos que se vendan en soporte físico, principalmente CD-ROM ou lapis de memoria (pendrive ou USB), poderán acollerse ao tipo superreducido. As descargas de libros en formato dixital seguirán tributando ao tipo xeral do 16%, que ademais se incrementará até o 18% coa subida prevista do IVE o próximo 1 de xullo.

A razón esgrimida nestas circulares é que este tipo de transaccións considéranse comercio electrónico ás que, segundo o artigo 98.2 da directiva europea de 2006 sobre servizos electrónicos, non pode aplicarse o tipo superreducido. Para cambiar a lexislación sería preciso unha iniciativa comunitaria, que prevalece sobre as normas nacionais.

Fonte: El País

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?