Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Os editores piden que a UE estableza un marco legal inamovible contra a piratería

Martes, 13 Abril 2010

Nova: Os editores piden que a UE estableza un marco legal inamovible contra a piratería

O presidente da Federación de Editores de Europa, Federico Mota, afirmou onte que a industria editorial "só pode desenvolverse nun marco legal" e que cada país debe "aplicar a súa lexislación" neste campo. Así llo fixo saber á ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, durante a súa reunión na Biblioteca Nacional, tras a inauguración do Seminario A dixitalización do material cultural.Bibliotecas dixitais e dereitos de autor.

Mota, que estivo acompañado polo director executivo da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), Antonio María Ávila, sinalou ao final dese encontro que é preciso "ter unha situación clara sobre o tema dos dereitos de autor". "A industria editorial europea só se pode desenvolver nun claro marco legal. Todo o que está na ilegalidade e a pirataría fai que non se produzan bos libros e que caian os contidos e a posibilidade do público de elixir democraticamente", apuntou.

Así mesmo, Federico Mota trasladoulle á ministra que a única industria cultural onde Europa está á cabeza é a industria editorial, mesmo antes que EEUU. Neste sentido, Federico Mota lembrou que se trata de defender "non só un liderado cultural senón tamén económico".

Conciencia social

Mota considerou necesario ademais que exista "un debate e unha comunicación ao redor deste tema". "A industria editorial non está encerrada nunha torre senón moi aberta a discutir con outras partes para atopar os remedios mellores, pero debe haber uns principios básicos que non poden cambiarse", dixo.

Por outra banda, avogou por facer "unha gran campaña co fin de formar a conciencia social sobre o tema dos dereitos de autor e que todos poidan entender o problema".

"Bruxelas ten uns principios sobre os que os países da UE deben desenvolverse e facer regulacións coherentes", manifestou o representante dos editores europeos. Ao fío de todo isto, Antonio María Ávila declarou respecto da posibilidade dun endurecemento da lexislación española, que coas "melloras técnicas" da Lei de Economía Sustentable que "para empezar a andar xa serían importantes, especialmente nun país onde hai un grao de indisciplina maior como é España".

Tamén aludiu á lexislación de países como Francia ou Reino Unido, "moito máis duras que a española". A este respecto, lembrou que nos Estados Unidos "a pirataría analóxica acabou coa edición local".

Pola súa banda, González-Sinde sinalou no discurso inaugural que "calquera sociedade que queira chamarse digna ten que respectar o esforzo dos seus traballadores, tamén dos creadores", e engadiu que no referente aos dereitos de autor só hai un inimigo, a inxustiza".

Fonte: Xornal de Galicia


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?