Asociación Galega de Editores

Impresora Email

A Biblioteca Dixital Hispánica conta con 3.300 obras dixitalizadas e 155 editoriais participantes

Luns, 12 Abril 2010

Nova: A Biblioteca Dixital Hispánica conta con 3.300 obras dixitalizadas e 155 editoriais participantes

Con máis de 3.300 obras dixitalizadas e 155 editoriais participantes, o proxecto ENCLAVE (http://bdh.bne.es/enclave) multiplicou por dous tanto o número de libros dixitalizados, con dereito de autor e opción de compra, como o número de editoriais participantes en apenas tres meses desde que a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e a Biblioteca Nacional de España (BNE), puxeron en marcha esta iniciativa. A primeira fase do proxecto, operativa desde o pasado 30 de novembro e dispoñible na Biblioteca Dixital Hispánica, pechouse con 1.350 obras dixitalizadas e 87 editoriais partícipes.

A dixitalización das obras realizouse en todas as linguas de España e de todo tipo xéneros e no proxecto colaboran editoriais de todos os tamaños. O 65% das editoriais presentes na primeira fase, volveron a participar na segunda.

Nesta segunda fase e por Comunidades Autónomas, Madrid é a que conta con maior número de editoriais participantes con 51, seguida de Cataluña con 36, Comunidade Valenciana e País Vasco con 9 cada unha, Andalucía con 8, Galicia e Navarra con 2 e Baleares, Castela e León e Murcia con 1 cada unha.

Por linguas, o castelán é o idioma que conta con máis obras dixitalizadas con 1.829, seguido polo catalán con 271, eúscaro con 65, galego con 20, inglés con 2 e castelán / inglés con 1. Por ano de edición, o pasado 2009 é o que ten máis libros dixitalizados con 479, seguido de 2008 con 285 e 2007 con 229. No que levamos de 2010, dixitalizáronse 159 títulos libros editados neste ano. Está previsto que para finais de 2010, a colección ENCLAVE conte con 5.000 obras dixitalizadas.

Fonte: FGEE

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?