Xoves, 08 Abril 2010
A escritora Luz Pozo Garza resultou elixida gañadora na modalidade de mellor autor nos XIX Premios Irmandade do Libro, organizados pola Federación de Libreiros de Galicia, pola súa "impecable traxectoria literaria e a fecundidade e calidade da súa obra poética".
Entre outras cuestións, o xurado do premio destacou a súa colaboración en revistas especializadas e o seu traballo en publicacións colectivas, charlas e conferencias, así como o seu labor como académica da Real Academia da Lingua Galega. Os restantes premiados nas outras seis modalidades decidiranse na última reunión do xurado que terá lugar en Sarria o próximo 10 de abril, día no que se entregarán estes premios no Hotel Alfonso IX.
Luz Pozo naceu en 1922 en Ribadeo. Os seus primeiros anos pasounos en Viveiro até a chegada da Guerra Civil. Na contenda, seu pai foi detido e encarcerado. Nesa situación, a súa familia trasládase a vivir a Marrocos. Ao final do enfrontamento, a familia regresa a Galicia. Estas vivencias inflúen de forma considerable na vida e na obra de Luz Pozo Garza. Pese a que os seus comezos literarios foron en castelán, Luz Pozo comezou a escribir en galego en 1952 coa súa obra O paxaro na boca. Entre as súas obras, destacan outras creacións como Verbas derradeiras (1976), Concerto de Outono (1981) e Códice Calixtino (1986)
Esta nova distinción únese a un gran número de recoñecementos, que a escritora de Ribadeo foi recollendo ao longo da súa traxectoria. Entre eses galardóns, atópanse o Premio da Cantiga, outorgado polo concello da Coruña, o premio de ensaio Tomás Barro, o de poesía González Garcés ou a Medalla de Castelao. En 1996 ingresou na Real Academia Galega.
Fonte: Xornal de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.