Mércores, 07 Abril 2010
A obra titulada "La Familia C", con texto de Pep Bruno (Barcelona, 1971) e liustracións de Mariona Cabassa (Barcelona, 1977), é a gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, que organiza Kalandraka Editorial. O galardón, cunha dotación de 12.000 euros, leva aparellada a publicación do libro en galego, castelán, catalán, euskera e portugués. Os traballos do catalán Raimon Juventeny Corberó, "Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos", e da arxentina Vanina Soledad Starkoff, "Bailar en las nubes", son os finalistas do certame.
O xurado estaba formado pola concelleira de Educación do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; o tradutor e experto en literatura infantil e xuvenil, Xabier Senín; os ilustradores Gusti e David Pintor; Manuela Rodríguez en representación de Kalandraka; o xefe do Departamento de Educación de Santiago, José Manuel Rodríguez-Abella, e Beatriz Varela, como secretaria técnica.
"La Familia C" conta a historia dunha familia que adora o circo "e iso dálle cor á súa vida", explicou o autor, Pep Bruno. As ilustracións, realizadas con técnica mixta, destacan polo seu colorido e forza expresiva. En conxunto, é un álbum que o xurado definiu como "imaxinativo, orixinal e moderno".
Fonte: Blog de Kalandraka
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.