Mércores, 07 Abril 2010
A profesora Beatriz Sarlo subliñou a arxentinidade do galego Luís Seoane "porque deixou unhas marcas tan fondas que forma parte do panorama artístico arxentino". Así o dixo na conferencia que abriu o congreso internacional "Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía", organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Luís Seoane. O congreso foi inaugurado esta mañá nun acto que presidiron o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, e o presidente do CCG, Ramón Villares, acompañados por Silvia Longueira e Alberto Ruiz de Samaniego, vicepresidenta do patronato e director da Fundación Luís Seoane, respectivamente. Os traballos continuarán ata o día 9 de abril.
Beatriz Sarlo (Universidade de Buenos Aires) falou sobre "As Arxentinas de Seoane". Catro etapas que configurou, en primeiro lugar, polas iniciativas editoriais e de prensa: creación de sellos editores, periódicos, revistas e libros con deseños caracterizados pola modernidade. A segunda etapa sería a da vivencia do exilio, da súa aceptación na esfera intelectual, con certo rechazo ou distanciamento nos ámbitos oficiais. A terceira, a convivencia no Peronismo, réxime que estableceu relacións ñrivilexiadas co Franquismo.
A cuarta sería o que a conferenciante chamou "a Arxentina milagrosa": o mundo do teatro, representado no xigantesco mural que Luís Seoane (1910-1979) realizou para o Teatro Municipal Sanmartín. Esas son esencialmente as canles das improntas do artista galaico-arxentino no seu país de nacencia ao que houbo de volver exilado en 1936 por causa da Guerra Civil (1936-1939). Velaí a dobre dirección territorial e cultural que permitiu a Beatriz Sarlo falar "dun artista arxentino que daba igual que fose galego pola longa traxectoria de asimilación e integración".
Máis relatorios
Xosé Manoel Núñez Seixas (Universidade de Santiago) falou de "Política dos exilados e política dos emigrados: convivencia e conflito". Sostivo que a finais da década de 1950 "xa non existía, se algunha vez fora tal, unha dialéctica entre política dos emigrantes e política dos exilados. O que emerxeu foi unha nova contradicción de intereses e cosmovisións e, por tanto, de visións da patria dende a lonxanía entre antigos residentes mobilizados e emigrantes, dunha banda, e novos inmigrantes pola outra". Esa desproporción "esluiu o legado e a influencia dos exilados". Con todo, sostivo Núñez Seixas, "o carimbo dos exilados é aínda hoxe perceptible na propia arquitectura institucional da colectividade galega de Buenos Aires".
Fonte: CCG
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.