Martes, 06 Abril 2010
A Concellaría de Educación do Concello de Vigo, en colaboración con OQO editora, bota a andar hoxe a segunda edición de Contarte, mes da arte e a literatura infantil, coa que prevé achegarlles a máis de 2.500 escolares de Vigo o mundo da arte, a través do álbum ilustrado. Dun xeito orixinal e lúdico promoverase o desenvolvemento do espírito creativo dos cativos; ofreceránselles medios para aprender novas formas de mirar; ao tempo que se incidirá no fomento do hábito lector entre os máis novos.
Nesta edición serán un cento as actividades de animación á lectura e plástica creativa que se desenvolverán do 7 ao 30 de abril, coincidindo co mes no que se celebra o Día Internacional do Libro Infantil.
Durante este mes os nenos e as nenas gozarán dun obradoiro de animación á lectura, Qon ollo!, baseado nos libros de OQO A bruxa regañadentes e Pulga e Xigante. Nesta actividade os nenos e as nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria recrearán os seus propios escenarios fantásticos nunha proposta plástica deseñada para fomentar a participación de todos os pequenos.
Fonte: OQO editora
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.