Martes, 06 Abril 2010
Iníciase a primavera literaria coa apertura de novos blogs literarios. O escritor Manuel Rivas, coincidindo co proceso de redacción final da súa nova novela que publicaremos despois do verán, abriu blog co título «O máis estraño» e o subtítulo «A boca da literatura». Pola súa banda, Marcos Claveiro abriu blog para cadansúa das novelas que publica neste mes de abril: Settecento en Xerais Narrativa e O pintor do sombreiro de malvas, premio Lararillo de Literatura Xuvenil 2009 en Fóra de Xogo. E como non podería ser doutro xeito, tamén aos ilustradores se lles deu por entrar na galaxia blog, nesta ocasión é Kiko Da Silva o que acaba de abrir o blog «Ó outro lado do muro» vencellado coa documentación dun proxecto que publicará Xerais no futuro.
Chano Eiroa, autor da Guía dos Camiños do Eume acaba de abrir un interesantísimo blog de actualización e ampliación da guía. Outro blog que se vén de abrir é o de Mil cousas poden pasar, a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. No blog recóllense as numerosas presentacións que do libro se están facendo en diversos centros escolares cunha acollida entusiasta por parte dos lectores e lectoras. Os nosos parabéns para Jacobo que xa prepara a segunda parte desta obra formidable.
Fonte: Blog de Xerais
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.