Luns, 05 Abril 2010
A Federación Empresarial de Industrias Gráficas de España (FEIGRAF) conxuntamente coa Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG) vai celebrar do 10 ao 12 de xuño do 2010, o Congreso Nacional de Artes Gráficas en Santiago de Compostela, coincidindo coa celebración do Ano Santo Xacobeo. Ambas as entidades fixeron a presentación nacional deste evento o 24 de setembro na Casa de Galicia en Madrid ante numerosos asistentes.
Este evento, que ten a finalidade de reunir por primeira vez na capital de Galicia a profesionais e expertos de todo o territorio nacional, terá un contido extraordinariamente didáctico e pretende ser un acontecemento empresarial de primeira orde que analizará o presente e futuro deste importante sector de actividade.
O Congreso Nacional de Artes Gráficas vai dirixido a todo o sector gráfico de España que conta con 129.800 traballadores, situados en 11.362 empresas, que no quinquenio 2004-2008 importaron maquinaria por un valor acumulado de 5.045,45 millóns de euros, segundo datos do estudo do sector do 2008 elaborado pola FEIGRAF.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.