Asociación Galega de Editores

Impresora Email

O galego, terceira lingua editorial por detrás do catalán e castelán

Luns, 05 Abril 2010

Nova: O galego, terceira lingua editorial por detrás do catalán e castelán

O groso da produción editorial española realízase en castelán, lingua que acaparou o 77,4% do total de títulos e o 80,5% dos exemplares editados no 2009. Unhas porcentaxes que apenas varían en relación cos rexistrados no 2008, cun 77% de títulos, e 80,1%, de exemplares. Segundo se desprende da enquisa de Produción Editorial publicada polo Instituto Español de Estatística (INE).

O catalán é a segunda lingua editorial en España, cun 11,2% dos títulos (8.379). Séguenlle o galego, con 2,5% (1.823 títulos) , e o eúscaro con 1,4% (1.027).

As obras en idiomas estranxeiros representaron o 3,5% do total de títulos editados no 2009, cun descenso do 17,8% respecto ao ano anterior. O inglés volve estar á cabeza entre os publicados nun só idioma estranxeiro, co 48,9% do total, seguido do portugués, con 20,9%. Os títulos traducidos alcanzaron o 14,7% da produción editorial. De novo o inglés é a lingua orixinal da gran maioría das traducións, que nun 60,1% dos casos verten ao castelán obras escritas na lingua de Shakespeare.

Baixada da produción


Aínda que o 2009 foi un ano de desaceleración da produción editorial estatal, en Galicia o descenso foi un punto superior á media nacional (un 15%) no número de volumes editados na comunidade, que pasaron dos 3.747 do 2008 aos 3.180 do pasado ano. A edición de obras en galego, pola súa banda, baixou un 11,9% (de 2.070 libros a 1.823).

Fonte: La Voz de Galicia


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?