Martes, 30 Marzo 2010
"O león Kandinga", de Boni Ofogo e Elisa Arguilé, editado por KALANDRAKA, foi un dos gañadores da segunda edición do concurso internacional CJ Picture Awards na categoría de Novas Publicacións. Neste apartado competían 635 libros de 39 países. A organización do certame vén de participar na Feria Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, cun stand no que amosou as obras premiadas.
A Fundación CJ de Cultura (CJ Culture Foundation) de Corea organiza o certame, co patrocinio do Ministerio de Cultura, Deportes e Turismo dese país, a Fundación Centro Cultural de Corea e a Asociación de Editores Coreanos. Ademais de KALANDRAKA, con "O león Kandinga", tamén resultaron distinguidos outros catro álbums editados por Media Vaca (España), Planeta Tangerina (Portugal), Hélium (Francia) e Dar Onboz (Líbano).
Esta entidade tamén premiou o traballo de cinco ilustradores procedentes de Irán, Corea, Alemaña e Francia; unha categoría á que optaban 930 orixinais de 42 países. O xurado estaba formado polas editoras Dinah Stevenson e Kozue Shibata, o deseñador Pietro Corraini e o profesor e ilustrador Sun Kyung Cho.
Fonte: Blog de Kalandraka
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.