Asociación Galega de Editores

Impresora Email

OQO Editora pásase ao audiovisual con OQO filmes

Luns, 29 Marzo 2010

Nova: OQO Editora pásase ao audiovisual con OQO filmes

A editorial galega OQO editora acaba de dar o salto á produción audiovisual con OQO filmes, cuxas propostas de animación serán distribuídas no mercado nacional e internacional por Imagina International Sales. OQO filmes e Imagina International Sales presentaron na Bologna Children's Book Fair o acordo de distribución, coincidindo coa participación de OQO editora neste prestixioso certame do libro infantil e xuvenil.

Desde a fidelidade ao proxecto editorial de OQO Editora, OQO filmes proponse adaptar os álbums ilustrados ao formato audiovisual a través da animación en stop-motion: historias de calidade que desde a tradición oral van encontrando diferentes soportes -texto, imaxes, audiovisual...- ante a necesidade de ser contadas, escoitadas e transmitidas.

Pola súa banda, a distribuidora española Imagina International Sales completa así a súa oferta televisiva con produtos de grande calidade e excelente contido de animación audiovisual que presentará durante o vindeiro MIP TV -Mercado de Contidos Audiovisuais, unha das principais feiras do sector que se celebra en Cannes (Francia) do 12 ao 16 de abril.

O primeiro produto audiovisual de OQO filmes que Imagina International Sales distribuirá no mercado nacional e internacional será a serie de animación infantil ‘Os contos do camiño-Never Ending Tales'.

 


 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?