Xoves, 25 Marzo 2010
O expositor de Galicia da Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña serviu na tarde de onte como lugar de encontro entre representantes do sector editorial de Dinamarca e Hungría con editores e escritores galegos. Algunhas das cuestións que se trataron foi a posibilidade de levar ata eses países o libro galego e tamén con tradución á inversa, para iso, a representante do Instituto Danés de Literatura, Annete Bach, ofreceu cumprida información das axudas existentes naquel país á tradución de obras. Ademais, a xuntanza multilateral serviu como piar para asentar futuras colaboracións e intercambios culturais entre os distintos países. Neste encontro estiveron, representantes das editoriais Galaxia, Baía, A Nosa Terra, Hércules, ademais dos escritores Fina Casalderrey e Antonio G. Teijeiro, encabezados polo presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín.
Por outra banda, os editores que estes días visitan a Feira de Boloña aproveitarán a xornada de hoxe para manter diversas xuntanzas con outros Gremios de España presentes no evento como o de Euskadi ou Catalunya.
Actividade das editoras
Ademais do traballo editorial conxunto, as empresas con stand propio na Feira realizaron actividades propias con importante presenza de público. Kalandraka, pola súa banda, presentou o encontro "O premio Compostela: un camiño en sete leguas". A directora de Kalandraka Italia, Lola Barceló, e Silvia P. Tato, editora de Kalandraka, foron as encargadas de dar a coñecer este proxecto no Salón Melodía do recinto feiral.
Por outra banda, OQO Editora presentou, xunto a Imagina International Sales, OQO filmes: From picture books to audiovisual animation: quaility entertainment for children.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.