Mércores, 24 Marzo 2010
A Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña acolleu onte a presentación do Congreso da International Board on Books for Young People (IBBY), que terá emprazo en Santiago na súa 32 edición entre o 8 e o 12 de setembro.
O director xeral de Cultura, Francisco López, gabou na rolda de prensa o traballo extraordinario desempeñado polo IBBY ao que definiu como "unha actividade de asociacións de 70 países na que interviñeron infinidade de persoas nos debates, nas planificacións e nas directivas". Respecto á decisión de IBBY de emprazar o seu congreso na cidade de Santiago, rexeitando outras candidaturas como París ou Amsterdam, Francisco López valorou a decisión como un "novo impulso ao panorama mundial do libro infantil e xuvenil" tras pasar por cidades como Viena, Florencia, Tokio, Nicosia ou Rio de Xaneiro.
Na rolda de prensa da presentación do Congreso, fíxose pública a concesión dos Premios Christian Andersen, os "premios Nobel" de literatura intantil e xuvenil, concedidos polo IBBY e que serán entregados en Santiago. Os galardoados son Jutta Bauer (Alemaña) no apartado de Ilustración, e David Almoud (Reino Unido) no apartado de narrativa infantil.
Premiados
O xurado recoñeceu en Almond «a voz única dun creador dun realismo máxico para os nenos». Así mesmo, destacaron que o escritor logra «capturar a imaxinación dos seus mozos lectores e motivarlles a ler, a pensar e a ser críticos», á vez que o seu «uso da linguaxe é sofisticado e logra traspasar as barreiras da idade».
Bauer, responsable do libro Opas Engel (o anxo do avó ), foi elixida pola súa «aproximación filosófica, a súa orixinalidade, a súa creatividade e a súa habilidade para comunicar cos mozos lectores».
Cada dous anos, a IBBY recoñece a un autor e a un ilustrador cuxas obras constitúan unha contribución significativa á literatura infantil e xuvenil.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.