Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Nace unha nova editorial dixital galega

Mércores, 17 Marzo 2010

Nova: Nace unha nova editorial dixital galega

2.0 Editora, unha editorial dixital que combina os soportes tradicionais e os novos soportes comeza mañá a súa andaina coa edición de Guía do autoestopista galáctico de Douglas Adams, Un idioma preciso, de Xusto Rodríguez Río e Sen novas de Gurb de Eduardo Mendoza.

A editorial, segundo os seus promotores, pon en circulación produtos textuais en formatos accesibles para ebooks e móbiles, e sempre adaptados tanto ao concepto de páxina tradicional como aos de páxina dixital e as súas diferentes necesidades, ben sexa en producións de tinta impresa, tinta dixital, tinta electrónica ou textos para o oído (podcasting).

2.0 ten como obxectivo tamén publicar en formato dixital contidos de diferentes materias, de todos aqueles autores e editoriais que sintan a necesidade de facer da internet unha das súas canles de distribución. A súa aposta inicial baséase en varias liñas de traballo. Mundos será unha colección propia de narrativa de ficción social na que se inclúen autores internacionais. A sátira social, o humor e a reflexión son algúns sinais de identidade desta colección coa fin última de facer gozar da lectura.

Fonte: Galicia Hoxe

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?