Xoves, 11 Marzo 2010
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, referiuse onte á posta en marcha do programa educativo ABALAR e explicou que está a manter conversas cos editores, "que están tratando de facer un cambio, porque son conscientes de que a nova sociedade esixe cambios. Nós somo os primeiros interesados en que o sector galego desenvolva novas tecnoloxías, que o leven a ser punteiro neste ámbito".
No vindeiro curso, ABALAR chegará a máis de 700 aulas, en 200 centros educativos, e beneficiará a 14.500 rapaces, que disporán de cadanseu ordenador ultraportátil. O obxectivo do proxecto para esta lexislatura é previsto que se beneficien da modernización do ensino uns 87.000 alumnos de 1.000 centros educativos, ademais de 15.000 docentes, que recibirán formación específica para o uso das TIC na súa práctica diaria. Preguntado sobre se os centros están preparados en materia de infraestruturas para facer fronte a este reto, Vázquez Abad explicou que se trata dunha estratexia "a medio e longo prazo", pero insistiu en que "algunha vez hai que poñer unha primeira pedra e comezar a cambiar o sistema educativo". Non en balde, puntualizou, "ABALAR vén do ‘abal' celta, que significa avanzar", idea que sustenta todo o proxecto.
Fonte: Xunta de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.