Xoves, 11 Marzo 2010
O premio de novela Manuel García Barros, que convoca hai xa máis de dúas décadas o Concello da Estrada, está xa consolidado coma un referente da literatura galega.
O nome da Editorial Galaxia está detrás deste éxito. Onte o alcalde estradense, José Antonio Dono, e o director da editorial, Víctor Fernández Freixanes, renovaban o acordo de colaboración para seguir publicando as novelas gañadoras do certame por outros dez anos máis. "Para nós é un premio moi querido", apuntou Freixanes, que destacou ademais o esforzo do Concello da Estrada por seguir mantendo a convocatoria. O editor citou tamén ó Blanco Amor e ó premio Xerais como os dous eixes restantes que conforman, xunto coa cita literaria estradense a historia da narrativa galega contemporánea, e destacou o éxito acadado coa traducción a varias linguas dalgún dos últimos libros premiados, como As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello.
Pola súa banda, Dono amosouse confiado en continuar a colaboración con Galaxia para seguir gañando prestixio. Na firma do convenio estiveron presentes tamén varios edís estradenses e Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, que na vindeira edición apostará tamén pola edición para o e-book, (ao igual que acontecerá co premio Valladares de poesía) para levar a literatura galega ata as novas tecnoloxías.
O premio de novela está dotado con 9.000 € e este ano celebrarase a vixésimo segunda edición do certame. O prazo de presentación dos exemplares remata o vindeiro 16 de abril.
Fonte: El Correo Gallego
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.