Asociación Galega de Editores

Impresora Email

O ISBN dos libros editados en galego aumentou un 25 por cento no último ano

Mércores, 10 Marzo 2010

Nova: O ISBN dos libros editados en galego aumentou un 25 por cento no último ano

Este incremento supón unha tendencia que parece sortear a crise económica xeral. A cifra deuna onte a subsecretaria do Ministerio de Cultura, Mercedes Elvira del Palacio, nunha comisión do Congreso dos Deputados, en Madrid, onde salientou que o crecemento se dera en todas as linguas cooficiais: o 39% en éuscaro e o 22% en catalán (12% en Cataluña e Baleares, e 10% en Valencia).

Del Palacio destacou o continuo incremento das vendas no sector, cunha facturación que alcanza os 3.000 millóns de euros en España e 450 millóns de euros no mercado internacional. Respecto do libro dixital, Del Palacio anunciou que no 2009 se facturaron 45 millóns de euros.

Por outra parte e durante a súa intervención, subliñou que a produción editorial española ocupa o terceiro ou cuarto posto no contexto internacional e apuntou que, para o Goberno e o Ministerio de Cultura, o apoio ao sector é unha "prioridade".

Onte tamén se fixo público un estudo que sinala A Coruña e Lugo como as provincias españolas con máis librerías por habitante. O estudo foi realizado por unha compañía de información sobre servizos, empresas, institucións e particulares. Na Coruña, que conta con preto de catrocentos establecementos rexistrados, hai unha librería por cada 2.878 habitantes.

Fonte: Galicia Hoxe


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?