Asociación Galega de Editores

Impresora Email

"A esmorga" protagoniza o novo número da Revista Grial

Mércores, 03 Marzo 2010

Nova: "A esmorga" protagoniza o novo número da Revista Grial

O pasado ano, A esmorga de Blanco Amor, novela intimamente vencellada á cidade de Ourense, cumpriu 50 anos. Por ese motivo a revista Grial, da editorial Galaxia, quixo sumarse ás actividades encamiñadas a conmemorar a data e onte presentouse no Centro Cultural da Deputación de Ourense o seu número 184 (pertencente a outubro, novembro e decembro do 2009), dedicado en boa parte á obra de Blanco Amor.

A profesora Dolores Vilavedra foi a encargada de coordinar os ensaios que analizan distintos aspectos da novela. O espazo urbano no que se desenvolve A esmorga foi estudado por María López Sández e Álex Alonso encargouse de analizar o espazo literario galego na época na que se escribiu a novela. Tamén participa Bieito Iglesias , que recrea a Auria de Blanco Amor, e Xosé Manuel Dasilva que fala da censura franquista.

A maiores, o número 184 de Grial inclúe unha entrevista ao teólogo Andrés Torres Queiruga, que nos últimos tempos foi noticia polas críticas de heterodoxia que merece o seu pensamento por parte de sectores da xerarquía eclesiástica católica. A obra de Torres Queiruga ten unha dimensión internacional. Galaxia está a piques de publicar a súa nova entrega: Repensar o mal. Da Poneroloxía á Teodicea.


Fonte: La Voz de Galicia


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?