Martes, 02 Marzo 2010
Son editoriais ou colectivos que editan e autodenomínanse "axentes da edición independente". Dende hoxe teñen un foro propio onde fotografar o seu sector e pulsar dinámicas. As primeiras Xornadas Galegas da Edición Independente, como as bautizaron os seus organizadores, Estaleiro Editora e o colectivo Corsárias, nacen con vocación de continuidade. Pretenden converterse nun autorretrato anual. Desenvolveranse até o venres na biblioteca Ánxel Casal de Santiago en dúas sesións diarias, a primeira ás cinco da tarde e a segunda ás sete.
O colectivo libertario Ren de Ren abrirá a programación esta tarde coa presentación d'A civilización enferma, o seu segundo volume colectivo, unha crítica implacábel da "industrialización da vida". A seguir, coloquio a cinco bandas na procura da "paisaxe indefinida" da periferia editorial: Paco Macías, de Edicións Positivas; Miguel R. Penas, director de Através, a editora da Associaçom Galega da Língua; Tomás González Ahola, membro de Urco Editora; Pepe Arias, director do proxecto Corsárias; e Carlos Figueiras, integrante de Estaleiro Editora.
Esta será a dinámica das xornadas, cuxa programación pode consultarse no blog de Estaleiro Editora, accesíbel dende a súa páxina web (www.estaleiroeditora.org). Haberá máis presentacións de libros, como os que está a piques de distribuír o colectivo Derriba sobre o pensamento de Toni Negri e Gianni Vattimo, e de revistas, caso de Salamandra, do Grupo Surrealista de Madrid. Tamén haberá outras dúas mesas redondas, unha dedicada á difusión de contidos con licenzas libres -mércores ás 19.00 horas- e outra sobre arte e subversión na Galicia contemporánea -xoves, tamén ás 19.00 horas-.
Fonte: Xornal de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.