Asociación Galega de Editores

Impresora Email

García Negro gañou o Vicente Risco de Ciencias Sociais que entrega Sotelo Blanco

Luns, 01 Marzo 2010

Nova: García Negro gañou o Vicente Risco de Ciencias Sociais que entrega Sotelo Blanco

A filóloga María Pilar García Negro gañou o XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais cun estudo sobre a figura de Rosalía de Castro, titulado O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos.

O xurado, que estivo constituído por Fernando Acuña Castroviejo, Teresa Devesa Graña, Luis Martínez-Risco Daviña, Francisco Fernández Rei o e Xosé María Eguileta Franco, acordou por unanimidade entregarlle o galardón a María Pilar García Negro, segundo o que se recolle na acta, por tratarse "dun excelente ensaio no que a autora con gran madurez reflexiona sobre a figura de Rosalía de Castro non só como fundadora da literatura galega, senón como membro dun colectivo do seu tempo". O traballo de García Negro foi elixido entre un total de seis estudos, dos cales o xurado destacou "que a súa gran calidade dificultou o proceso de elección" que, finalmente, se decantou polo estudo da filóloga, quen se presentou baixo o lema Firmiter in re, suaviter in modo. A gañadora deste prestixioso premio sinalou que no seu traballo "deféndense dúas teses, a primeira delas é que o ensaio no ámbito da literatura de Galiza naceu no século XIX, non no XX, coa poetisa e, a segunda, que a conciencia de xénero en Galicia procede tamén dela". O galardón está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Sotelo Blanco Edicións.

Para explicar a primeira hipótese, García Negro fai referencia aos prólogos escritos pola escritora galega nas súas obras Follas Novas e Cantares Gallegos.

Fonte: Xornal de Galicia


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?