Asociación Galega de Editores

Impresora Email

A edición española será a protagonista da BEA de Nova York

Martes, 23 Febreiro 2010

Nova: A edición española será a protagonista da BEA de Nova York

España e a industria editorial española foron elixidas, por primeira vez, País Convidado de Honra (The country of focus) na BookExpo America 2010 (BEA) que se celebrará do 25 ao 27 de maio en Nova York e que reúne aos máis importantes profesionais do sector do libro en Estados Unidos. Este convite, apoiado polo Ministerio de Cultura de España, a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e o ICEX (Instituto de Comercio Exterior), supón un grande apoio ao libro español e asegúralle un papel especial no Global Market Forum, o prestixioso progra­ma de actos da máis importante feira do libro en Estados Unidos.

A lectura en español está a conseguir aumentar de forma constante un público cada vez máis numeroso en Estados Unidos e froito diso é que a literatura en español está a traducirse con enorme éxito e está a gañar un gran recoñecemento entre os lectores en inglés. A edición española está a lograr abrirse un importante oco en Estados Unidos con propostas ademais moi innovadoras.

Mercado exterior

América é o segundo destino -só superado pola Unión Europea- para as exportacións editoriais españolas con 226,12 millóns de euros en 2008, delas, 216,53 millóns son exportacións do Sector Editorial e só 9,5 millóns corresponden ao do Sector Gráfico.

A Unión Europea é o principal destino das exportacións españolas con 307,54 millóns de euros. Deles, 127,56 millóns corresponden ás vendas do Sector Editorial e 179,97 millóns ao Sector Gráfico.

No continente americano, México segue sendo o principal receptor con 68, 57 millóns de euros en 2008, seguido de Arxentina, Venezuela e Brasil que, o ano pasado, desprazaron a Estados Unidos do terceiro ao quinto posto como país receptor nesa zona xeográfica. As vendas a Estados Unidos totalizaron 15,18 millóns (24,66 en 2007), aínda que este mercado segue sendo un dos desti­nos máis importantes para o libro español, a caída explícase polo descenso das vendas do sector gráfico a este país e polas exportacións españolas que se fan a Estados Unidos directamente desne China, que contabilizadas suporían un 20% máis.

Fonte: FGEE

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?