Martes, 23 Febreiro 2010
A editorial Littera Libros anunciou a posta en marcha da iniciativa Apadriña un libro 2010, coa que se poderá doar diñeiro para a edición de libros. O doante recibirá todos os títulos novos que vaian aparecendo e o seu nome será rexistrado no apartado de Mecenas que se abrirá na páxina web da editorial.
Littera Libros é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa para facer chegarlle ó lector diversos títulos desde unha filosofía de austeridade.
O labor da asociación desenvolveuse grazas ó traballo non remunerado dos seus compoñentes e ó patrocinio de entidades públicas e privadas.
Como consecuencia da crise económica, gran parte desas canles quedaron pechadas, polo que optaron por buscar novas vías de financiamento.
Por 50 euros de cota única, o doante pode formar parte deste novo mecenado e a cambio diso recibirá un exemplar de cada un dos títulos que se publiquen este ano e o seu nome, se así o desexa, aparecerá no índice de mecenas que se incluirá na páxina web de Littera Libros.
Fonte: Galicia Hoxe
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.