Asociación Galega de Editores

Impresora Email

A AELG da a coñecer os nomes dos finalistas aos seus premios

Luns, 22 Febreiro 2010

Nova: A AELG da a coñecer os nomes dos finalistas aos seus premios

A Asociación de Escritores en Lingua galega acaba de facer pública a listaxe de obras finalistas para os seus premios de 2010. Entre os candidatos atopamos, na categoría de Narrativa, as obras Monte Louro (Edicións Xerais), de Luís Rei Núñez; O cabo do mundo (Xerais), de Xabier Quiroga e máis Unha historia que non vou contar (Xerais), de Cid Cabido. Na literatura Infantil e Xuvenil, pola súa banda, a escolla está entre Ás de bolboreta (Edicións Xerais), de Rosa Aneiros, Lúa do Senegal (Xerais), de Agustín Fernández Paz, O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade (Xerais), de Xesús Manuel Marcos e Valados (Xerais), de Agustín Fernández Paz. En poesía, as opcións son Deter o día cunha flor (Baía edicións), de Luz Pozo Garza e máis O pouso do fume (Espiral Maior), de Dores Tembrás. E no capítulo de blogs literarios hai nomes como os de Fran Castro, Marcos Valcárcel ou Manuel Bragado. Agora ábrese o prazo de votacións entre os socios desta entidade, que se prolongará ata o vindeiro 12 de abril. Os premios entregaranse no transcurso da Cea das Letras, o 17 dese mesmo mes. Ver listado completo


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?