Luns, 22 Febreiro 2010
Arredor dun ano despois do balbordo sobre as declaracións do escritor menosprezando a lingua galega, aparece a primeira das obras que Xerais editará do longo catálogo de títulos deste crítico e ensaísta. O primeiro dos volumes aparecerá na primeira quincena do mes próximo. Baixo o título de George Steiner en The New Yorker, e con tradución de Lara Domínguez, Patricia Buján Otero e Saleta Fernández Fernández, este libro recolle unha serie de colaboracións do escritor para a publicación neoiorquina.
Segundo Xerais, «Entre os anos 1967 e 1997, George Steiner escribiu máis de cento cincuenta artigos para o semanario The New Yorker sobre unha grande variedade de cuestións, conseguindo achegar, non só a intelectuais con formación literaria, senón ao que se adoita chamar o público xeral, libros novos e vellos, ideas complexas e temas inusuais. De entre todos eles, Steiner reuniu neste volume medio cento deles, que abordan boa parte dos principais problemas do ameazado futuro da cultura contemporánea».
Para a editorial galega, o conxunto de textos que ofrece este libro son «artigos sorprendentes pola súa sinxeleza vivida e pola súa poderosa capacidade pedagóxica. Ensaios literarios caracterizados polo rigor e a sabedoría, mais tamén atravesados pola ironía e o humor, ferramentas coas que Steiner analiza as obras de autores como Walter Benjamin, Lévi-Strauss, Cioran, Canetti, Beckett, Borges, Bertrand Russel, Brecht, Celine, Kafka ou Chomsky».
Fonte: La Voz de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.