Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Do Cumio edita "Bailabén", un manual interactivo para aprender o baile galego

Xoves, 18 Febreiro 2010

Nova: Do Cumio edita "Bailabén", un manual interactivo para aprender o baile galego

Con este manual Edicións do Cumio quere achegar material didáctico ao eido do baile tradicional, ou polo menos dar un primeiro paso nese camiño. A intención é a de proporcionarlles aos mestres de primaria e secundaria unha ferramenta de axuda nas súas aulas. Así poderán dar a coñecer unha parte moi importante do patrimonio inmaterial galego. A obra está dirixida tamén a todos aqueles afeccionados e ensinantes do baile tradicional que queiran seguir a unha liña sinxela e didáctica.

Este traballo está composto por un libro e un DVD no que se pode atopar indicacións e descricións dos movementos de xota e muiñeira reforzadas con fotografías, así como un documento audiovisual de máis dunha hora de duración.

Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez son mestres de baile tradicional e membros do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Santiago. Pode descargarse un avance do libro na web www.cumio.com.


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?