Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Galaxia saca ao mercado un novo traballo cheo do humor gráfico de Pinto & Chinto

Mércores, 17 Febreiro 2010

Nova: Galaxia saca ao mercado un novo traballo cheo do humor gráfico de Pinto & Chinto

Chuquelo é o can protagonista da nova entrega literaria para cativos de Pinto & Chinto, os humoristas gráficos de La Voz de Galicia. É un can singular con algúns problemas para encontrar un traballo no que desenvolver as súas calidades e aquelas que son máis habituais nos cadelos non son as que mellor se lle dan.

Explican Pinto & Chinto que en certo sentido este can é como «a outra cara de tantos cans protagonistas e que tanto axudan aos humanos en profesións como a de policía ou a de bombeiro». Este, segundo o dúo, é «un can con problemas de traballo estable e que, para compensar os seus fracasos, ten un comportamento moi humano: utiliza a comida para compensar».

A comida de Chuquelo é cen por cen canina e cada vez que unha das profesións nas que proba lle reporta un fracaso «dáse un atracón de ósos». Unha medida compensatoria que, segundo Pinto & Chinto, «podería ser con xeado no caso dos humanos». O novo libro dos humoristas, publicado por Galaxia na súa colección Árbore, conta a insistencia e os sucesivos fracasos do can, pero advirten os autores que non hai que temer traxedias: «hai un final feliz porque onde menos espera o can encontra unha posibilidade profesional moi boa».

Fonte: La Voz de Galicia


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?