Luns, 15 Febreiro 2010
Por oitavo ano consecutivo, o PEN Clube de Galicia concedeu os premios Rosalía, cos que honra as literaturas veciñas da galega: a portuguesa, a castelá, a catalá e a vasca. Este galardón literario é o único de ámbito ibérico co que se premia toda unha traxectoria de servizo e engrandecemento dunha das literaturas nas linguas peninsulares.
Tras varias horas de deliberación, o xurado decidiu conceder o premio Rosalía en lingua portuguesa ao poeta e académico Lêdo Ivo, figura moi representativa da literatura brasileira. No apartado da literatura en lingua castelá, o premio foi para un poeta moi recoñecido e gran amigo da literatura galega, Antonio Gamoneda. O premio en lingua catalá foille concedido ao poeta, narrador e ensaísta Francesc Parcerissas. E, por último, o galardón na lingua vasca, levouno unha muller, a poeta e narradora Itxaro Borda.
O amplo xurado encargado de propoñer e nomear os catro gañadores da oitava edición reuniuse a primeira hora da tarde no restaurante Sexto de Santiago. Presidido polo presidente do PEN Clube, Luís González Tosar, e o seu secretario, Óscar Xabier Castro, o xurado estaba conformado por Gonzalo Navaza, Úrsula Heinze, Miguel Anxo Fernán Vello, Román Raña, Luciano Rodríguez, Manuel Outeiriño, Ramón Lorenzo, Anxo Angueira, Bieito Iglesias, Miro Villar e Carlos Mella.
Fonte: La Voz de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.