Luns, 15 Febreiro 2010
Reflexión estratéxica sobre a cultura galega é o título do proxecto que inicia hoxe o Consello da Cultura. Como o seu propio nome indica, a iniciativa pretende analizar desde unha perspectiva ampla a relación entre sociedade e cultura e as posiblidades desta como motor de desenvolvemento. A análise, coordinada por Xosé López, organizarase en cinco áreas: Galicia como comunidade cultural, Cultura e mercado, Gobernanza cultural, Proxección exterior e mais Institucións e Entidades Culturais. Cada un destes apartados contará coa participación de destacados especialistas nestes ámbitos. Ademais, a reflexión estará aberta ao conxunto da sociedade mediante un web específico. No vindeiro mes de xullo presentarase un documento cos resultados destes proceso, que quere facilitar a formación dun "pacto cultural" entre os principais actores e institucións do sector.
Fonte: Culturagalega.org
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.