Martes, 09 Febreiro 2010
O índice de lectura en Galicia medrou de novo en 2009 e enfía en dous anos un crecemento conxunto de case catro puntos. Se no 2008 -cun crecemento de 1,2 puntos- Galicia tiña un 52,4% de lectores, no 2009 a cifra elévase ata o 54,9 %. A pesar desta evolución positiva, o país segue no grupo das comunidade con menor índice de lectura do Estado pero xa se achega á media, que é do 55,1 %.
Tamén aumenta, por segundo ano consecutivo o peso da lectura en galego a nivel do Estado, que no 2009 foi do 0,5 por cento fronte ao 0,4 do ano 2008 e o 0,3 por cento do 2007.
Segundo os resultados do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), patrocinado pola Dirección Xeral do Libro, Arquivo e Bibliotecas do Ministerio de Cultura, Madrid mantense como a Comunidade con poboación máis lectora (64,4%) e supera en case dez puntos a media estatal.
A Galicia acompáñana no baixo da táboa Estremadura (49,4%), Castela-A Mancha (50,5%), Andalucía (50,2%), Asturias (52,9%), Murcia (54,3%), Comunidade Valenciana (54,6%) e Castela e León (55,0%).
Oito omunidades, ademais, teñen índices de lectura por encima da media española: A Rioxa (58,4%), Aragón (58,3%), Cantabria (57,8%), Navarra (57,7%), Canarias (56,9%), Comunidade Autónoma Vasca (56,8%), Cataluña (55,6%) e Baleares (55,3%).
Por Comunidades Autónomas, en Cataluña o 22,1% dos lectores le habitualmente en catalán e o 12,4% en Baleares; en Galicia o 7,4% dos lectores le en galego habitualmente. En Euskadi, o 4,3% ten o euskera como idioma habitual de lectura e na Comunidade Valenciana o 1,2% le en valenciano.
Perfil do lector
Ao analizar o perfil do lector, o Barómetro pon de relevo que a porcentaxe de mulleres lectoras (58,4%) é superior á dos homes (51,3%); a taxa de lectura disminúe segundo aumenta a idade, sendo o grupo de poboación que máis le, o dos mozos entre 14 e 24 anos (70,5%) e o dos nenos entre 10 e 13 anos (91,2%), mentres que a taxa descende bruscamente entre os maiores de 65 anos (29,8%). Neste grupo de poboación é o único onde a porcentaxe de homes lectores supera ao de mulleres (31,9% fronte ao 27,9%) no resto de tramos de idade as mulleres superan aos hombres.
Fonte: FGEE
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.