Xoves, 14 Xaneiro 2010
A Asociación Colexial de Escritores de España (ACE) e de Tradutores (ACET) constituíron unha Comisión de Estudos de Novas Tecnoloxías en relación co Libro para informar aos seus asociados dos seus dereitos á hora de negociar, por si mesmos ou a través dos seus axentes, as condicións de venda dos dereitos dixitais das súas obras.
Os escritores e os tradutores buscarán alianzas con outras entidades de autores e de axentes literarios para lograr dous obxectivos: analizar o futuro modelo de negocio editorial e pactar cos editores (e, no seu caso, coas grandes plataformas de servidores dixitais) acordos que respecten os Dereitos de Autor en Internet.
Os traballos da Comisión e os acordos a que se cheguen con terceiros (incluído un Contrato-tipo dixital e o dereito á auditoría informática das empresas editoriais por parte das asociacións de autores) poderanse seguir a través da web www.acescritores.com.
Fonte: Xornal.com
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.