Asociación Galega de Editores

Máis dun cento de persoas asistirán os días 12 e 13 de novembro ao Simposio “O libro dixital: Presente e futuro"

Martes, 03 Novembro 2009

Nova: Máis dun cento de persoas asistirán os días 12 e 13 de novembro ao Simposio “O libro dixital: Presente e futuro"

 

A Asociación Galega de Editores (AGE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) organizan, coa colaboración do Consello da Cultura Galega, o VI Simposio "O libro e a lectura. O libro dixital: presente e futuro", que terá lugar o xoves 12 e o venres 13 novembro nas instalacións do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Arredor de 120 persoas asistirán a este debate sobre o formato do libro electrónico.

Ao acto inaugural do simposio, programado para o xoves 12 de novembro ás 10,00 horas, no salón de actos do Consello da Cultura Galega, asistirán o presidente da Asociación Galega de Editores, Alfonso García Sanmartín; o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez; e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.

Mentres que o ano pasado o simposio se centrou no libro galego no mundo, nesta edición a reflexión e o debate xirarán arredor do libro dixital. O  presente e o futuro do novo formato, que inicia un cambio de  paradigma no mundo do libro, serán abordados por diversos expertos e profesionais do  sector editorial e das novas tecnoloxías.

Relatores

O xoves día 12 de novembro, a conferencia inaugural das xornadas correrá a cargo de Javier Celaya, socio-fundador del portal cultural Dosdoce.com, e vicepresidente da Asociación de Revistas Digitales de España (ARDE). Dosdoce.com é un portal especializado en analizar o impacto das novas tecnoloxías no sector cultural. De seguido pronunciará o seu relatorio Chema García, director comercial de Publidisa, no que falará da experiencia dixital desta editorial nacida no ano 2000 como unha empresa pioneira en conversión e comercialización de eBooks.

A sesión matutina rematará cunha mesa redonda centrada nos novos paradigmas para editores e lectores. Terá como contertulios a Pablo Odell, da editorial Tokland; Javier Jiménez, de Paradigma del Libro; e Pedro Silva, de Algueirada, S.L. Xa pola tarde, tratarase o asunto da edición dixital no contexto internacional. Os relatores son Josep Maria Vinyes e Iolanda Bethencout, de www.beat.cat, o blog que trata sobre a innovación no mundo da edición dixital.

A xornada do xoves completarase cunha mesa redonda arredor da web e o libro dixital. Os relatores serán Marcos Taracido, de Libro de Notas; Xaime Nogueira, de Andel Virtual; e Fernando Garrido, do Observatorio para a Cibersociedade.

O día 13 de novembro a xornada abrirase coa conferencia de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, sobre a situación do libro dixital en Galicia. De seguido, abrirase o debate sobre os formatos do libro electrónico a cargo de persoeiros do nivel de Ignacio Latassa, director de Leer-e, o blog especializado en ebooks. Canda el estará Antonio Quirós, conlleiro delegado da editorual dixital Luarna; e Alberto Cano, de Soybits (blog de tendencias na industria editoria electrónical).

De seguido, será a quenda de Denis Zwirn, director da editorial dixital francesa Numilog, quen dará conta da situación do ebook en Francia. O primeiro relatorio da tarde será o de Luís Collado, director Google Books en España, para expor o proxecto do libro dixital da compañía que representa. Finalmente, pronunciará a conferencia de clausura sobre o futuro do libro Joaquín Rodríguez, sociólogo e docente do Máster en Edición da Universidade de Salamanca.

A Asociación Galega de Editores, organiza o VI Simposio: o libro electrónico, presente e futuro, que centrará  a reflexión e o debate arredor do libro electrónico. O  presente e o futuro do novo formato, que inicia un  cambio de  paradigma no mundo do libro, serán abordados por diversos expertos e profesionais do  sector do libro e as novas tecnoloxías durante os días 12 e 13 de novembro. As sesións de traballo, ás que está previsto que  asistan preto de 200 persoas, terán lugar no auditorio das instalacións do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi.

O programa do  simposio preséntase hoxe, 19 de outubro, data en que tamén se abre o  prazo de inscrición para os interesados. A edición do ano 2008, co mundo das feiras e da internacionalización como protagonista, contou cunha listaxe de agarda de 50 persoas. As inscricións serán realizadas por orde de chegada. Asemade, os editores contan cun programa profesional para todos os axentes que interactúan na cadea do  libro,  seminario que terá lugar os día 16 e 17 de novembro na Biblioteca do CCG.

Ediciona

Brétemas

Imaxe: Cartel Simposio

Deseño do cartel: Jaime Asensi

Documentos relacionados:

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?