Asociación Galega de Editores

Valetín Paz Andrade. Vida e obra

Venres, 27 Abril 2012

Nova: Valetín Paz Andrade. Vida e obra

Valentín Paz Andrade. Vida e obra.

Edicións Xerais de Galicia

Formato 17,5 x 24,5 cm.

136 Páxinas

12,00IVE incluído

Abril 2012

Autora : Charo Portela

O libro

Valentín Paz Andrade. Vida e obra pretende ofrecer un amplo percorrido pola vida do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2012 e pola súa inmensa obra. Xornalista e poeta, home de leis e político, economista, empresario, e persoa vencellada á política galeguista, Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1899 - Vigo, 1987) foi un loitador incansable cunha única tarefa: servir a Galicia desde todos os campos que abarcou o seu saber e o seu facer. A súa traxectoria vital foi de tal fondura que se converteu nun home clave na historia do século XX en Galicia e, segundo vai pasando o tempo, vemos medrar a súa verdadeira dimensión humana. Este libro explica e mostra a vida e a obra dun home que tentou sen acougo acadar o desenvolvemento da súa terra, tirar a Galicia da súa marxinación e que, tamén desde a utopía, traballou arreo tendo sempre Galicia como tarefa.

A autora

Charo Portela Yáñez (Pontevedra, 1963) é licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdirectora de Ediciós do Castro e coordinou as actividades culturais do Instituto Galego de Información até o ano 2008. Entre as súas publicacións cabe salientar Epistolario de Valentín Paz Andrade, en colaboración con Isaac Díaz Pardo (Ediciós do Castro, 1997), Valentín Paz Andrade. Biografía (Ir Indo, 1998), Epistolario de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Xosé Luís Axeitos (Biblioteca del Exilio, Ediciós do Castro, 2005), e Luís Seoane e a Galicia medieval (Universidade de Santiago, 2010). En Xerais publica en 2012 Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía (col. Merlín) e Valentín Paz Andrade. Vida e obra. Forma parte do comité editorial da Biblioteca del Exilio, e da directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?