Asociación Galega de Editores

As descargas ilegais ameazan 80.000 empregos

Martes, 28 Febreiro 2012

Nova: As descargas ilegais ameazan 80.000 empregos

As manifestacións en relación ás descargas ilegais de contidos conta cada día con novos protagonistas. O director de la Real Academia Española, José Manuel Blecua, manifestóu que diante  do incremento das descargas ilegais no sector do libro e " a falta de conciencia e de  contraprestanción por descargar un libro na rede que o seu  autor querería vender,  é tanto como roubar, é necesario explicar unha cousa á sociedade: está en xogo o traballo de moita xente.

Segundo os datos do propio sector, unhas 80.000 personas viven da industria do  libro en España e dúas amezas penden sobre o futuro deses postos de traballo: que se recrudeza o  descenso das vendas de libros físicos, que bascula entre  o 15% e o  20% desde o ano 2009 e que o groso dos novos lectores dixitais sigan descargando os seus e-books gratuitamente, non mercándoos.

                                                   O emprego no sector editorial

As editoriais españolas xeran 16.000 empeeos directos e 15.000 indirectos, segundo o secretario xeral da  Federación de Gremios de Editores de España, Antonio Avila. Unha cifra que, advirte o presidente del Gremio de Editores de Cataluña, Xavier Mallafré, oscila en directa proporción ó descenso das vendas. O sector editorial é consciente de que a mellor maneira de combater a descarga ilegal é crear un mercado baseado en prezos baixos e doados  sistemas de  compra. 

Segundo o presidente dos editores cataláns, foi propagada unha falsa crenza entre a xente: que pagando o ADSL o usuario ten dereito a todo. O problema que se prantexa agora mesmo é a desaparición da economía normal e que quede o mercado negro. Xunto a esa realidade advirte Antonio Ávila, o Estado pode tamén perder 100 millóns de euros de ingresos pola vía do IVE.

Máis

 

Fonte: CEGAL

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?