Luns, 05 Xullo 2010
O sector editorial español facturou durante o ano 2009 un total de 3.109,58 millóns de euros, o que representa unha diminución do 2,4% respecto das cifras do ano anterior, segundo os datos do estudo de Comercio Interior de Libro en España 2009, presentado hoxe pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) e patrocinado polo Ministerio de Cultura e CEDRO. A pesar deste retroceso, a cifra de vendas a prezos correntes aumentou nos últimos dez anos un 19,3% e a prezos constantes de mercado a facturación diminuíu un 4,3%.
O número de exemplares vendidos increméntase só un 2,4% nestes cinco anos, o que se traduce en que o prezo medio en 2009, 13,17 euros, é maior que o rexistrado no ano 2005 (12.72 euros). O total de títulos editados os pasados anos foi de 76.213, un 4,4% máis que no ano anterior. Deles, o 55,7% son novidades e o 44,3% reedicións ou reimpresiones. A tirada media por título foi de 4.328 exemplares o que representa unha diminución do 14% respecto de 2008. Esta facturación increméntase a 3.249 millóns ao contabilizar a venda por Dereitos no mercado interior, o que supón un aumento do 0,9%.
Produción por linguas
A edición nas linguas autonómicas consideradas –catalán, eúscaro, galego e outras prodúcese principalmente nos gremios das Comunidades onde se falan cada unha delas. O 83,7% dos títulos en catalán procede das editoriais asociadas ao Gremi d'Editors de Catalunya e á Associació d'Editors en Llengua Catalá (AELLEC). O 83,7% dos títulos en eúscaro das editoriais do Gremio de Editores de Euskadi. O 76,2 dos títulos en galego das editoriais da Asociación Galega de Editores.
A produción de títulos en catalán aumentou de 10.110 en 2008 a 10.217 en 2009, mentres que a de castelán aumentou de 56.752 a 59.547. A produción en eúscaro pasou de 1.375 a 1.398, mentres que diminúe a edición en galego de 1.687 a 1.577 títulos.
Documentos relacionados:
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.