Asociación Galega de Editores

O catálogo de Galaxia en Google acada récord de visitas

Xoves, 01 Xullo 2010

Nova: O catálogo de Galaxia en Google acada récord de visitas

Dende que Editorial Galaxia asinou co buscador de Google Books un acordo para presentar o libro galego nos escaparates da rede, o interese polas publicacións en galego en tódalas partes do mundo non deixou de crecer. Trátase de acceder aos autores e autoras de Galaxia, e máis ao seu fondo histórico, do mesmo xeito que se consulta o libro nas librarías: título e autor, xénero, cuberta, índice, e un 20 % dos seus contidos, non sempre seguidos, para que o interesado poida facerse unha idea dos contritos e, se o desexa, poder adquirilos a través da rede de librerías ou da distribuidora.

O pasado mes de maio, logo dalgúns meses de menor actividade, as consultas aos catálogos de Editorial Galaxia en Google Books volveron subir espectacularmente: 31.021 accesos, cun crecemento do 13% respecto do mes anterior, e 243 clics de compra.

Os cinco libros máis visitados polos internautas nese mes foron: o Dicionario Enciclopédico (Diciopedia), o Diccionario Normativo da Lingua Galega, "La cocina gallega" de Álvaro Cunqueiro (na edición en castelán que fixo en Detrás de la Niebla/Monterrey), "Harry Potter e as reliquias da morte" de J.K. Rowling, e "As flores do mal" de Charles Baudelaire en tradución ao galego de Gonzalo Navaza (Clásicos Universais).

Fonte: Blog da Editorial Galaxia

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?