Asociación Galega de Editores

Premiados dos álbums de OQO

Domingo, 23 Maio 2010

Nova: Premiados dos álbums de OQO

Dous álbums da editorial galega OQO editora, Cantas pingas na cidade! e Os mil brancos dos esquimós, acaban de ser distinguidos co segundo e terceiro premio, respectivamente, ao Libro Mellor Editado en 2009, na categoría de Infantil e Xuvenil, que concede o Ministerio de Cultura.

 

Os dous libros, editados en castelán e galego, forman parte da Colección O, dirixida aos nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade. Cantas pingas na cidade! é a primeira colaboración con OQO editora de Eva Montanari, autora dos textos e as imaxes, nos que se recrea cunha especial carga poética a aventura que emprenden as pequenas pingas (ata 10!) que preceden a unha pequena chuvieira.

 

 Fonte da información: OQO Editora

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?