Mércores, 10 Febreiro 2010
Xa están nas librarías os primeiros exemplares das edicións dos poemarios de Ramón Cabanillas Samos e No desterro. Publicadas dentro da colección Biblioteca das Letras Galegas -dirixida por Ramón Nicolás-, coincidindo co cincuenta aniversario do pasamento do poeta da raza, estas edicións, preparadas por Carlos López Bernárdez e Xorsé Ramón Pena Sánchez, complementan a da Poesía galega completa publicada o pasado mes de novembro.
Xerais reedita un libro inatopable que agora cobra vida propia: Samos. A Biblioteca das Letras Galega pon na man dos lectores e lectoras o emblemático libro de Cabanillas nesta coidadosa edición prologada e notada por Carlos L. Bernárdez. Samos, publicado orixinalmente en 1958 (o derradeiro que viu a luz en vida do autor) é un extraordianrio poema épico-didáctico, de inspiración relixiosa e maxistral dominio técnico, onde o poeta procura o seu propio equilibrio interior, constituíndo unha obra cimeira da nosa tradición no que se refire á poesía descritiva.
Xerais publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas as versións, nun texto prologado e anotado con rigor por Xosé Ramón Pena, para unha mellor estima do labor desenvolto por Cabanillas. Unha obra que contén as claves -poesía de denuncia, pero tamén intimista, paisaxista e aínda retallos modernistas- que explican o devir literario do noso poeta.
Fonte: Blog de Xerais
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.