Asociación Galega de Editores

A AGE presentou na Consellería de Educación o posicionamento do sector ante o Decreto do plurilingüismo

Martes, 26 Xaneiro 2010

Nova: A AGE presentou na Consellería de Educación o posicionamento do sector ante o Decreto do plurilingüismo

Varios representantes da xunta directiva da AGE, co seu presidente Alfonso García Sanmartín á cabeza, mantiveron o venres da pasada semana unha xuntanza con varios membros da Consellería de Educación  -que excusaron a ausencia do conselleiro- na que presentaron un documento no que o sector valora as Bases para a elaboración dun decreto de plurilingüismo, elaboradas por Política Lingüística. Neste escrito subscríbese como punto de partida a filosofía do informe da Real Academia da Lingua Galega e rexeita, dende criterios estritamente empresariais, a redacción do apartado 8.1 do documento de Bases, no que se fai referencia a edición e utilización dos libros de texto.

Os editores manifestaron que, de se aprobar esta redacción, produciríase unha fragmentación do mercado dos materiais curriculares en Galicia que sería imposible de satisfacer por parte das editoriais, tanto pola necesidade de reducir as tiraxes, como polo aumento desorbitado dos custos de creación editorial que suporía a edición simultánea en tres linguas. A esta reflexión engadiron que o sistema de elección de lingua por parte das familias adiará a toma  de decisións dos centros educativos e fará imposible a fabricación dos materiais coa antelación precisa. Nesta liña, os editores reclamaron dispoñer dun calendario de produción racionalizado e coherente co programa de implantación da nova modalidade de gratuidade prevista polo actual Goberno Galego.

Documentos relacionados:

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?