AUGA EDITORA é un manancial de ideas e ilusións nado en Galicia en 2008. Co ánimo de achegar ao universo da edición o mundo das terapias naturais así como o da ciencia, a divulgación, ecoloxía e o saber en xeral. agroman as nosas coleccións ECOSALUD e SABER +. A colección CÉLEBRES está reservada para os clásicos galegos, acompañados de coidadas ilustracións, e a poesía ten o seu oco propio na colección ORBALLO. A historia e o ensaio teñen o seu espazo na colección MANANCIAL.
Datos de Interese
- Ano fundación: 2008
- Cargos directivos:
- Editores: Mercedes Pacheco Vázquez e Xosé A. Perozo
- Director: Xosé A. Perozo
- Liña editorial: Clásicos galegos, Creación literaria (narrativa, poesía, ensaio), Medicinas alternativas, Terapias naturais, Natureza e ecoloxía, Coñecemento científico e divulgación, Autoedición.
- Coleccións: Célebres, Fervenza, SABER +, ECOSALUD, Orballo, Manancial, Álbum ilustrado.
- Títulos do catálogo: 31 títulos.
- Prefixos do isbn: 936676, 938253, 941165, 939328
- Linguas nas que edita: Galego e castelán.
- Distribuidores: Distribución propia.
- Disgalibro: 981 795 754