miércoles, 17 febrero 2010
Sarah Waters se ha llevado a casa el premio de Novela Europa Casino de Santiago que se suma a los galardones que ya posee: Somerset Maugham y el Sunday Times Young Writer of the Year. El libro está traducido al gallego, un idioma que la británica comparó con el de su tierra natal, Gales. La novela se centra en la vida de cinco civiles tras la II Guerra Mundial. Ler entrevista
Fonte: Faro de Vigo
lunes, 15 febrero 2010
A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, estableceu unha liña de axudas por valor de 300.000 que promoverá os grandes proxectos editoriais do libro galego entre 2010 e 2011. Esta cifra supón devolver as subvencións ao mesmo nivel que tiñan en 2008, despois de telas recortado un 25% o ano pasado, ata deixalas en 219.982 euros. Ler nova
Fonte: Xornal de Galicia
viernes, 12 febrero 2010
O Centre de Recherches Interdisciplinaires sur les Mondes Ibériques Contemporains que dirixe o hispanista Sadi Lakhdari, en colaboración co Centro de Estudos Galegos da capital francesa, a cargo de Eric Beaumatin, dedícalles aos dous escritores o coloquio internacional "Manuel Rivas et Suso de Toro: deux voix de la littérature galicienne contemporaine." Ler nova
Fonte: Xornal de Galicia
viernes, 12 febrero 2010
Novelista e conselleiro de Cultura no tripartito de Laxe, Alfredo Conde (Allariz, 1945) foi testemuña activa do pacto entre o galeguismo institucional e Fraga. Tras o cruce de declaracións orixinado por Xuízo, sentenza e condena, a longa entrevista que lle fai Xosé Manuel del Caño, o autor de Xa vai o Griffon no vento verbalizou na súa columna en El Correo Gallego a intención de pasar ao castelán, pero -di- "non podo negarme a min mesmo". Conde é un dos 11 Premios Nacionales que esixen a dimisión de Roberto Varela. Ler entrevista
Fonte: El País