sábado, 18 diciembre 2010
Libreiros e editores colaboran na promoción do libro como agasallo para o Nadalldentro dunha actividade programada polo Clúster do Libro en Vigo. O venres, 17 de decembro, no centro comercial Praza Elíptica de Vigo, terá lugar o encontro co libro e a cultura en MERCA LIBRO, MERCA NADAL. As actividades previstas recollen as inquedanzas de tódolos públicos, dende a política internacional a novidades literarias para nenos que serán
ofertadas en venda polos libreiros que se sumaron a esta actividade.
A xornada comeza ás 10.00 h coa Pizarra interactiva de IR INDO, e o acto "Aprender e xogar coas novas tecnoloxías". Esta actividade pretende familiarizar
aos máis novos e non moi novos coas últimas tecnoloxías da ensinanza.
Pola mañá están programadas as seguintes actividades: ás 11.00h contaremos coa presencia dos Asterix e Obelix galegos: "Os Barbanzóns" con Pepe Carreiro, de Editorial Toxosoutos, que nunha unha nova entrega desta popular tira cómica nos engaiolarán a todos coas andainas no Castro de Baroña. Ás 12.00 h "A Odisea contada para os pequenos", da Editorial Rodeira -EDEBE. Se a vida é un eterno retotno nós dende pequechos xa imos volvendo ao mundo dos clásicos, que tanto influencian a vida moderna.
Na xornada da tarde, ás 17 horas, está prevista presentación da revista de política internacional de "TEMPO EXTERIOR" do Igadi que nunha nova entrega falarán dos ESTADOS TABÚ: unha realidade internacional da que non se fala. É dicir, estados independizados pero non recoñecidos por tódolos actores internacionais e que son
silenciados no día a día da prensa internacional pola inconveniencia da súa propia existencia.
Ás 18.10h abordaranse aspectos relacionados coa Alimentación - Medicina natural -
Nutrición: A Saúde en xogo, coa presentación da Editorial Amyris e a Revista Saber Alternativo. Temáticas de saúde que tocan a tódolos gustos.
As 19.00 h Faladoiro co escritor Francisco Castro: "SIMBAD, MARCO POLO... A LITERATURA É PARA VIAXAR". Unha aposta pola literatura imaxinativa de viaxe e ficción que moverá conciencias para os que aínda non se animaron a coller a mochila e abrirse camiño na aventura do estranxeiro.
Finalmente gardamos un espazo para a sonoridade-poética coa presentación
do Libro-Disco de Ugia Pedreira acompañada de Marina Oural, "Noente Paradise", da Editora Através.
Os libros expostos durante a xornada poderán ser mercados a través das catro librarías presentes: Libraría Andel, Librouro, e Cartabón, todas elas da cidade de Vigo, e Pedreira de Santiago de Compostela.
FONTE: CLÚSTER DO LIBRO( Edición, Librerías e Comercialización de Galicia)
Imaxe: O xograr lector
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.