jueves, 24 junio 2010
A libraría Couceiro de Santiago acolleu onte a presentación de A Galicia de Montevideo. Unha biografía de Xesús Canabal 1897-1985, un retrato profundo da vida do galeguista e Fillo Predilecto do Pino, Xesús Canabal.
Manuel Losa é o autor desta publicación -froito de moitas horas de conversas coas fillas de Canabal- onde fai fincapé na estreita relación que mantiña con Castelao. No acto -ao que asistiu a concelleira de Cultura do Pino, María Xosé Gómez, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema-, Manuel Losa salientou a importancia de lembrar figuras coma esta, xa que "as accións do pasado axudan ao futuro".
Fonte: Blog de Galaxia