martes, 22 junio 2010
Os xurados da 16.ª edición do premio literario Arcebispo Juan de San Clemente fallaron onte os premios nas modalidades de lingua galega, castelá e estranxeira traducida a un dos dous idiomas a favor da autora galega An Alfaya, do colombiano William Ospina e do italiano Erri de Luca.
A novela pola que Erri de Luca gaña o San Clemente é El día antes de la felicidad, publicada en España pola editorial Siruela. Conseguiu cinco dos dez votos do xurado. Os outros cinco repartíronse entre a novela de Hanif Kureishi Algo que contarte (Editorial Anagrama), e a de Siegfried Lenz Minuto de silencio (Editorial Maeva).
En lingua castelá, os alumnos dos cinco institutos galegos aos que lles correspondeu formar parte do xurado nesta edición decantáronse pola novela El país de la canela, do escritor da cidade colombiana de Padua William Ospina. Venceu por seis votos fronte as finalistas La noche de los tiempos, de A. Muñoz Molina, editada por Seix Barral, e Puente de Alma, de Julián Ríos, da editorial Gutenberg.
No apartado de novela en lingua galega a pontevedresa An Alfaya impúxose por cinco votos que recibiu a súa obra Areaquente, publicada por Sotelo Blanco, ás novelas de Domingo Villar, finalista con A praia dos afogados (Galaxia) e á de Xabier Quiroga O cabo do mundo (Xerais).
Fonte: La Voz de Galicia
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.