Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Noite de contos na Biblioteca

viernes, 18 junio 2010

Nova: Noite de contos na Biblioteca

 


O vindeiro sábado 19 de xuño Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, organiza a terceira edición da Noite na Biblioteca. Un ano máis, un grupo de 35 nenos e nenas dumirán na Biblioteca Municipal entre palabras, contos e andeis cheos de libros. Pero antes de poñer o pixama haberá unha chea de actividades co libro e a lectura como protagonistas.

A primeira, de asistencia libre e gratuíta, celebrarase no exterior a partir das 19.00 horas e está destinada a nenos e nenas de todas as idades. O punto de encontro será a Praza de Portugal, diante da Biblioteca municipal. Alí, os nenos e nenas atoparanse con dous personaxes moi coñecidos que os van guiar por un vieiro cheo de contos ata regresar de novo ao punto de partida onde poderán gozar coa actuación musical de Almudena Janeiro (ás 20.00 horas) que vai interpretar as cancións de Contos en cantos.

- A segunda parte do programa comeza ás 22.00 horas. Será no interior da biblioteca e asistirán os nenos e nenas que se inscribiron previamente. Logo de cear coas familias, chegará o momento de lavar os dentes e poñer os pixamas para que dea comezo unha noite chea de emocións.
A biblioteca converterase nun escenario de teatro. Primeiro, os nenos e nenas asistirán a un contacontos de sombras. Máis tarde haberá teatro e logo, antes de que se apaguen as luces , aínda haberá tempiño para ler algún cont
o.

Fonte: Espazo lectura

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Con el patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?