lunes, 31 mayo 2010
O Consello da Cultura Galega (CCG) porá en marcha o martes 1 de xuño o primeiro dos cinco "Foros de reflexión estratéxica sobre a cultura galega", un diálogo sobre o papel que debe xogar a cultura galega no século XXI. Ao foro inicial, sobre "Políticas culturais" seguiranlle os dedicados a "Institucións culturais" (15 de xuño), "Cultura e mercado" (22 de xuño), "Contidos da cultura" (8 de xullo) e "Proxección exterior". As sesións terán lugar, en xornadas de mañá e tarde, na Biblioteca da institución e posiblitarán a elaboración de conclusións, que serán enriquecidas e ampliadas nun debate aberto ao conxunto da sociedade durante o mes de outubro.
O primeiro dos cinco foros, dedicado ás "políticas culturais" comezará o 1 de xuño ás 9´30 horas coordinado por Ramón Maiz e co relatorio-marco de Arturo Rodríguez Morató. As liñas do debate abordarán os seguintes temas:
-A Cultura como ben público e o seu valor intrínseco.
-A democracia cultural: público e cidadanía, estratexias para aumentar o acceso e a participación.
-Gobernanza da cultura: cooperación entre Administracións e coa sociedade civil.
-Planificación estratéxica da Cultura: diagnóstico, plans e estratexias, desenvolvemento e monitorización, avaliación.
Os catro foros restantes, xa citados, serán coordinados por: Rosario Álvarez, Francisco Campos, Henrique Monteagudo-Victor Freixanes e Xulio Rios. Da coordinación técnica encárgase Xaime Subiela.
De xaneiro a outubro
Ponse en marcha así a segunda fase dun proceso aberto, plural e participativo, que comezou o pasado mes de xaneiro con propostas e consultas a diferentes representantes do sector cultural, convocados desde o CCG na procura de acordos arredor das estratexias de futuro da cultura galega. O grupo de traballo, coordinado por Xosé López, remitiu un cuestionario a trescentas persoas representativas do sector cultural e da sociedade. Partindo das respostas recibidas ponse agora en marcha unha segunda fase (xuño-xullo) con cinco foros de reflexión, dos que deberá sair unha base de propostas, que se abrirán ao debate, a través dos soportes do CCG na Rede, no mes de setembro. Co conxunto das achegas o equipo coordinador elaborará, en outubro, un documento de integración coas orientacións estratéxicas para o futuro da cultura galega. As conclusións serán remitidas ás institucións públicas, culturais e sociais.
O CCG continúa e amplía con esta nova iniciativa os seus obxectivos de ser cada vez máis un lugar de encontro, reflexión e debate sobre os desafíos da cultura e o futuro da sociedade galega. Tamén sobre a posibilidade de acordos que permitan a consideración e o deseño de estratexias necesarias para respostar a eses desafíos nun novo escenario cultural e de comunicación.
Fonte: CCG
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.