viernes, 28 mayo 2010
Os contos do camiño- Never eding tales, de OQO filmes, está sendo distribuida por Imaxina International Sales e foi seleccionada para participar en Competición Oficial do Festival Internacional de Animación de Annecy, na categoría de series de televisión.
Competirá na sección oficial na categoría de series de televisión con Un gato na árbore, un dos 26 capítulos de 10 minutos de duración que compón este produto de animación audiovisual infantil.
Os contos do camiño / Never ending tales
Esta curtametraxe está dirixida polo novo artista francés David Gautier e baséase no libro, co mesmo título, de Pablo Albo e Géraldine Alibeu, publicado por OQO editora en español, galego, portugués, francés, inglés e italiano.
Desde a fidelidade ao proxecto editorial de OQO editora, OQO filmes adapta os álbums ilustrados a formato audiovisual a través da animación en stop-motion: historias de calidade que desde a tradición oral van atopando diferentes soportes —texto, imaxes, audiovisual— ante a necesidade de ser contadas, escoitadas e transmitidas.
Fonte: OQO Editora
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Una manera de hacer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proyecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.